A Guarda, 04 de setembro de 2020
Trátase da posta en marcha dun servizo de atención e asesoramento psicolóxico para persoas con enfermidade mental en Tui.
Estará composta por un psicólogo e unha traballadora social que prestarán apoio e asesoramento individual e familiar aos veciños de Tui que o precisen.
A atención psicolóxica é unha necesidade urxente neste municipio para mellorar o benestar dos seus veciños afectados recentemente tanto pola catástrofe ocorrida en Paramos en 2019, como pola situación de emerxencia sanitaria do Covid-19.
Grazas a este acordo, este servizo servirá de apoio ás persoas que padecen enfermidades mentais e que actualmente necesitan máis atención debido á situación actual.