Avelaíña recibe unha axuda do Concello de Baiona para proporcionar información e asesoramento aos seus veciños

A cantidade concedida polo Concello ascende a 1.000 euros, o que axudará a dar resposta á necesidade de información sobre saúde mental neste municipio.

Baiona, 2 de outubro de 2020.- Este servizo tenta dar resposta ás demandas da poboación en relación coa saúde mental, mellorando así a súa calidade de vida. É un servizo que Avelaíña vén prestando permanentemente na zona do Val Miñor e, debido á gran demanda de atención derivada da situación de crise sanitaria COVID-19, está a aumentar.

Os beneficiarios desta atención poden ser calquera persoa con necesidades de información sobre saúde mental e poden ser persoas con problemas de saúde mental, familiares, coidadores e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo, así como calquera cidadán do concello de Baiona. Os usuarios poden acceder ao servizo por propia iniciativa ou derivados doutros recursos sociocomunitarios: Servizos Sociais do Concello, Centro de Saúde, etc. Accederán ao servizo despois de ser contactados polo profesional de referencia Avelaiña que establecerá unha primeira cita.