Avelaíña recibe unha subvención do concello de Tomiño

A Guarda, 8 de setembro de 2020

Esta subvención porá en marcha un servizo de información e asesoramento sobre saúde mental para os veciños de Tomiño.

O obxectivo deste servizo é informar sobre os diferentes recursos ou procedementos relacionados coa saúde mental, asesorar ou poñer en contacto co persoal adecuado que poida atender cada problema en particular, co obxectivo final de favorecer a integración social das persoas afectadas.

A cantidade concedida polo Concello ascende a 1.220 euros e axudará a dar resposta á necesidade de información sobre saúde mental no municipio.

Os usuarios poden acceder a este servizo por propia iniciativa ou derivando outros recursos sociosanitarios, como os servizos sociais do Consello, o Centro de Saúde, ec.

O beneficiario será calquera persoa con necesidades de información en saúde mental, familiares, coidadores e profesionais do ámbito sanitario, social ou educativo do concello de Tomiño.