A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN A AVELAÍÑA

En data 01/10/2019 a Secretaría Xeral de emprego otorgou a nosa Asociación unha subvención para poder contratar a unha traballadora  desempregada  para a realización do servizo “Apoio os servizos e programas  en saúde mental”

A persoa contratada é unha educadora social.

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego  Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

A cuantía desta subvención ascende a 13.373,29€

Esta axuda é un  gran apoio  nos diferentes programas e actividades de Avelaíña para o fomento da autonomía e da  inclusión social dos  usuarios.Os obxetivos e resultados que se pretenden acadar polo traballador son:

1-Consolidar servizos  xa prestados por Avelaíña

2-Capacitar os nosos usuarios para  desenrolar   actividades da vida cotiá.

3-Mellorar a sus habilidades sociais

4-Fomentar  a ocupación e o  tempo de lecer dos usuarios.