ETIMOLOXÍA DO NOSO NOME

O nome "Avelaíña"

O nome «Avelaíña» é unha palabra galega que denomina a un tipo de bolboreta que busca desesperadamente a luz na noite pechada. A enfermidade mental é a desconexión coa realidade. Escuridade e confusión para a persoa que a sofre, é un pesadelo continuo. Para os achegados e familiares da persoa que padece a enfermidade significa desorientación e medo.

A nosa Asociación, a través do seu equipo de profesionais, intenta guiar as persoas afectadas pola enfermidade mental na busca de certa claridade para acadar unha maior calidade de vida. De aí o nome de Avelaíña. O seu acerto debemos agradecelo ao poeta e ensaísta Xosé Neira Vilas, quen o suxeriu durante unha visita vacacional a A Garda, en compañía da súa esposa Anisia Miranda (1932-2009).

A icona de Avelaíña, unha bolboreta en cuxas ás dúas figuras humanas se toman da man para iniciar un novo camiño, ten tamén a súa historia, xa que foi deseñada e doada á Asociación pola pintora galega, Alisia Alonso.