Avelaíña premia a todos os seus membros con descontos nos puntos do Baixo Miño, Val Miñor e O Condado e A Paradanta

Os socios de Avelaíña terán unha serie de descontos presentando a súa tarxeta de acreditación nos establecementos adheridos á campaña co lema “Ser socio ten o seu punto”

Os 400 membros da Asociación Avelaíña de Axúda Ás Persas con Problemas de Saúde Mental poderán gozar de numerosos descontos en diferentes PUNTOS do Baixo Miño, Val Miñor e O Condado e A Paradanta.

Os establecementos adheridos a esta campaña son empresas do campo da saúde e benestar, lecer e deportes, entre as que se atopan un centro de talasoterapia, ópticas, centros de fisioterapia, centros de beleza, centros de podoloxía, ortopedia, librarías. e material deportivo, entre outros, que decidiron apoiar os proxectos da Asociación e o grupo de enfermos mentais.