SAÚDE MENTAL

En España, entre o 2,5 e o 3% da poboación adulta ten unha enfermidade mental grave. Actualmente, 450 millóns de persoas en todo o mundo vense afectadas por unha enfermidade mental que dificulta considerablemente a súa vida.

A ENFERMIDADE MENTAL

A enfermidade mental agrupa varios trastornos que teñen repercusións sobre a vida diaria da persoa, dificultando a súa adaptación á contorna cultural e social na que vive e creando algunha forma de malestar.

Aínda que pode haber persoas con máis predisposición xenética que outras a tela, os factores ambientais poden afectar de forma determinante na aparición de trastornos mentais, polo que todos estamos expostos.
En Galicia, hai 71.426 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental.

Pero tendo en conta que o 40% dos enfermos con trastorno psiquiátrico grave non acuden ó médico, (según o estudo sobre a prevalencia dos trastornos mentais do Sergas), esta cifra queda moi por debaixo da realidade das persoas con unha enfermidade mental.

En España, entre o 2,5 e o 3% da poboación adulta ten unha enfermidade mental grave.

Actualmente, 450 millóns de persoas en todo o mundo vense afectadas por unha enfermidade mental que dificulta considerablemente a súa vida.

Para máis información, podes consultar a páxina da Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Galicia.