O Sergas e Avelaíña colaboran na atención a persoas con enfermidade mental en O Concado e A Paradanta

A Guarda, 20 de xullo de 2020

O obxectivo deste acordo de colaboración é proporcionar asistencia social e sanitaria nas rexións do Condado e A Paradanta a través do Proxecto Achego.

O Sergas achegará unha cantidade de 27.500 euros para o desenvolvemento do Proxecto Achego, que ten 4 liñas de actuación:

1a liña que inclúe os seguintes servizos:

Servizo de información e asesoramento.

Servizo de prevención e promoción da saúde mental.

Servizo de apoio psicolóxico.

Servizo de rehabilitación psicosocial.

2a liña: ofrecer un servizo de atención a domicilio a aquelas persoas que teñan limitacións que lles impidan acceder a outros recursos, ofrecendo un servizo de apoio psicosocial e un servizo de apoio a familiares e coidadores.

3a Liña: Coordinación cos servizos sociosanitarios e comunitarios dos concellos das Comarcas do Condado e A Paradanta.

4a liña: Difusión dos servizos ofrecidos, tanto con visitas presenciais ao resto de servizos existentes nestas rexións, como a outros medios, como carteis, páxina web e redes sociais.