A Guarda, 3 agosto de 2022
A subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastorno mentais da Consellería de Sanidade, permite levar a cabo o Programa EMOCIONA, a través do cal se ofrece un soporte e apoio emocional ás persoas con trastorno mental grave.
Como obxetivos específicos, trátase de facilitar o seguimento do benestar emocional, traballar de xeito grupal coas familias, ofecer unha atención individualizada, actuar en coordinación, e por último, asegurar un adecuado tratamento de casos.