A PARADANTA

Información e asesoramento

Conxunto de intervencións dirixidas a dar resposta ás demandas da poboación xeral en relación á saúde mental

SERVIZOS

  • Informar sobre os diferentes recursos e procedementos vinculados á saúde mental.
  • Informar e asesorar sobre os recursos existentes para a atención e/ou derivar ao recurso idóneo.
  • Previr e Promover a Saúde Mental.
  • Servizo de Información e Asesoramento presencial nos Concellos da Comarca: O equipo formado por unha psicóloga e unha traballadora social desprazouse a cada concello para dar unha atención de proximidade.

Programa "ACHEGO" desplazado

Servizos:

1.- Unidade de Apoio Comunitario (UAC Desprazada):

O equipo de intervención psicosocial, formado por unha traballadora social e unha psicóloga, ofrecen un servizo de referencia para a poboación, eminentemente rural.

  • Servizo de Información e Asesoramento (SIAS): Conxunto de intervencións que se dirixiron a dar resposta ás demandas da poboación xeral en relación á Saúde Mental.
  • Servizo de Prevención e Promoción da Saúde Mental: Accións de intervención socioeducativas (charlas informativas, asesoramento, etc.) dirixidas tanto á prevención de enfermidades mentais como á promoción dun estilo de vida saudable.
  • Servizo de Apoio Psicolóxico: Facilitar ferramentas útiles para afrontar o proceso de afrontamento dos problemas de saúde mental. O servizo de apoio psicolóxico é o máis demandado na zona de A Paradanta, dado que non existe ningún outro recursos especializado na zona, así como a dificultade para o desprazamento da poboación.
  • Servizo de Rehabilitación Psicosocial
    • Estimulación cognitiva
    • Psicoeducación e adherencia ao tratamento
    • Actividades da vida diaria
    • Hábitos saudables
    • Autocontrol e manexo do estrés
    • Ocio e tempo de lecer

2.- Atención domiciliaria:

Servizo itinerante acudindo aos propios domicilios das persoas con problemas de saúde mental. O servizo é de vital importancia dentro do Programa Achego, xa que permite unha atención de proximidade para aquelas persoas que non poden desprazarse pola dispersión xeográfica, a falta de transporte ou polas propias características da enfermidade, que dificultan o acceso aos diferentes recursos comunitarios, o que conleva o illamento da persoa.

Servizos:

  • Servizo de Soporte Psicosocial.
    • Estimulación cognitiva.
    • Psicoeducación e adherencia ao tratamento.
    • Actividades da vida diaria.
    • Hábitos saudables.
    • Autocontrol e manexo do estrés.
  • Servizo de Apoio a Familiares ou Coidadoras:
    • Información e asesoramento.
    • Apoio emocional.

3.- Coordinación cos servizos sociosanitarios e comunitarios de ambas comarcas:

Dentro de esta liña, traballamos en tres direccións:

  • Aproximación dunha atención especializada na Comarca de A Paradanta: promovendo o achegamento da psiquiatría ás comarcas, servizo público que xa existía hai 26 anos, contando coa atención quincenal dun equipo de profesionais con psiquiatra desprazado a Ponteareas, o que evidencia que esta necesidade xa estaba latente na zona anos atrás, sendo durante a Pandemia producida pola Covid-19, unha necesidade máis patente.
  • Coordinación cos servizos da comunidade: presentación do noso programa ao resto dos servizos existentes na comarca e apertura de canles de comunicación de cara a manter unha boa coordinación e derivación.

4.- Difusión:

Información á poboación das nosas actuacións, servizos, e eventos.

Profesionais

Rosabel Rodriguez Ku

Traballadora social

Lorena Francisco Lens

Psicóloga

Entidades colaboradoras

Empresas colaboradoras