BAIXO MIÑO

Centro de rehabilitación psicosocial e laboral

Centro para todas aquelas persoas con un problema de saúde mental persistente onde se traballa interdisciplinarmente hacia a súa rehabilitación, autonomía e calidade de vida.

Se trata dun servizo concertado polo SERGAS.

SERVIZOS

  • Información dos requisitos e condicións de acceso, explicación e coñecemento do recurso.
  • Admisión e acollida e apoio e seguimento para a integración no recurso.

Programa de psicoeducación:

  • Coñecemento e manexo da enfermidade, adherencia ó tratamento, toma de medicación, factores de risco, prevención de recaídas, etc…
  • Educación para a saúde: Obradoiros de nutrición, beneficios do exercicio físico, etc.
  • Autocontrol e manexo do estrés (intelixencia emocional, asertividade, xestión emocional, etc.)
  • Habilidades da vida diaria básica e instrumentais.

Programa de recuperación de capacidades e das habilidades sociais:

  • Habilidades da vida diaria básica e instrumentais: Obradoiro de cocina e mantemento do centro.
  • Habilidades sociais e de comunicación:
    • Debates de actualidade: Prensa, Formación de adultos, Outras letras, Orientación á realidade, Idiomas, Protagonistas.

Programa valoración, apoio e soporte individual:

  • Valoración, elaboración do PIR, seguimento e soporte individual.
  • Programa de actividades deportivas e predeportivas: campionatos de tenis de mesa, de petanca e fútbol.
  • Programa de actividade física: andainas, senderismo, estiramentos, zumba, piscina, ximnasia, rutas en bicicleta, kayak, motonáutica.
  • Programa de ocio con apoio: excursións de un a oito días, saídas culturais, actividades sociocomunitarias, actividades de integración,estancias temporais de acollemento, xogos populares.
  • Programa de acción socio cultural, artística e recreativa: Teatro, Cinefórum, Docufórum, Musicoterapia, Expresión artística.

Programa para o fomento do uso e aproveitamento dos recursos e actividades na comunidade.

  • Acompañamentos na comunidade.
  • Actuacións de teatro na comunidade.
  • Obradoiros de sensibilización, desestigmatización e visualización en colexios e institutos da contorna.
  • Programa de obradoiros de productos elaborados: Cerámica, artes plásticas, horta e granxa ecolóxica.
  • Programa de orientación prelaboral e seguimento coa búsqueda activa e acompañamento.
  • Programa terapia ocupacional.
  • Programa de formación prelaboral.

Información, orientación e apoio na intervención.

Piso protexido

Unidade de apoio comunitario que acolle a pacientes con autonomía de conducta pero sen posibilidades de convivencia familiar, e que requiren axuda psicosocial para o seu desenrolo e integración social na comunidade, como alternativa á institucionalización.

COBERTURA

Ós residentes se lles proporciona aloxamento e manutención.

No piso dispoñen de todas as comodidades como pode ser calefacción, internet, teléfono, sala recreativa, etc.

ATENCIÓN

Os residentes asisten de forma diaria ó CRPL, cuestión estipulada na orden que regula os pisos protexidos, e a maiores contan coa supervisión diaria dunha educadora en aspectos da vida diaria como poden ser vestimenta, aseo, hixiene persoal e da propia vivenda, así como supervisión de seu estado de saúde mental e saúde en xeral.

Tamén é a encargada de coordinarse co resto do equipo técnico para calquera cuestión relacionada co seu benestar.

Manteñen atención psicolóxica individualizada e contan con gardas telefónicas as 24 horas do día, 365 días ó ano.

O Piso protexido se trata dun servizo concertado polo SERGAS.

Outros servizos

Programa con un conxunto de actividades e accións encamiñadas a proporcionar ás familias un tempo de descanso da súa dedicación diaria ó cuidado do seu familiar con problemas de saúde mental.

SERVIZOS:

  • Estancias temporais de acollemento na casa vacacional.
  • Excursións de catro a oito días.
  • Saídas de un día.

Conxunto de accións, xestións, tramitacions e acompañamentos co obxectivo
principal de proporcionar ó usuario os apoios necesarios nos que actualmente non teñen autonomía e require para a súa recuperación e integración.

SERVIZOS:

  • Xestións administrativas e trámites sanitarios.
  • Acompañamento, supervisión e seguimento en actividades básicas da vida cotiá.
  • Acompañamento e xestión en trámites relacionados coa seguridade social, médica, procesos xurídicos, procesos formativos, etc.

Visita por parte da psicóloga ós domicilios de persoas con problemas de saúde mental que pola propia sintomatoloxía da enfermidade lles impide acceder a outros recursos da comunidade ou a súa asistencia ó CRP.

SERVIZOS:

  • Atención, apoio e seguimento psicolóxico e psicoeducación.
  • Adherencia ó tratamento e autocontrol e manexo do estrés.
  • Entrenamento en actividades da vida cotiá e en habilidades sociais.
  • Educación en hábitos saudables estimulación cognitiva.
  • Integración na comunidade.

Información que se presta a calquera persoa con enfermidade mental, familiares, profesionais do ámbito sanitario e social, etc, por distintas vías ou canais, respondendo a unha demanda concreta e puntual en relación ó ámbito da saúde mental.

No caso de profundizar en dita información e axudar á persoa na súa toma de decisións e actuacións posteriores, entraríamos nun proceso de asesoramento.

Escoita profunda e contención do que acontece dende a calidez e cercanía, evaluando e significando a problemática actual, axudando a encontrar ferramentas e o camiño hacia o benestar e a saúde.

Se orienta/asesora hacia o recurso sanitario máis idóneo no caso de requerir un tratamento psicolóxico prolongado.

SERVIZOS CONCERTADOS CO SERGAS:

  • Centro de Rehabilitación Psicosocial.
  • Piso protexido.

Consellería de Economía, Emprego e Industria

  • Programa de Cooperación para Apoio ós servizos en Saúde mental.

Deputación de Pontevedra

  • Promoción da autonomía persoal en enfermidade mental grave.
  • Programa de fomento da empregabilidade “O teu primeiro emprego”.

Ministerio de sanidad, politica social e igualdad

  • Programa Acompaña
  • Programa Capacita

Con cargo á convocatoria do IRPF

Saúde Mental Feafes Galicia coa Consellería de Política Social

  • Programa de Atención ao docimilio no rural.
  • Información e asesoramento a familias e persoas con enfermidade mental .

Programa “Físicamente activo, mentalmente saudable”

Colaboran:

  • Concello de A Guarda
  • Concello de O Rosal

Profesionais

Unidade de apoio comunitario que acolle a pacientes con autonomía de conducta pero sen posibilidades de convivencia familiar, e que requiren axuda psicosocial para o seu desenrolo e integración social na comunidade, como alternativa á institucionalización.

Rafa Álvarez

Director Xerente

Beatriz Rodríguez

Coordinadora de servizos e Traballadora Social

Esther López

Responsable técnica do CRPL e Psicóloga

María Fontán

Educadora Social

Jacobo Pereira

Educador Social

Natalia Guisande

Técnica de comunicación e administrativa

Amparo Gómez

Limpadora

Entidades colaboradoras

Empresas colaboradoras