Información e asesoramento para previr a exclusión social
Conxunto de intervencións dirixidas a dar resposta ás demandas da poboación xeral en relación á Saúde Mental para previr a exclusión social das persoas con enfermidade mental.
SERVIZOS
- Informar sobre os diferentes recursos e procedementos vinculados a saúde mental, así como asesorar ou derivar ó recurso idóneo.
- Prevención e promoción da Saude Mental.

Programa ACHEGO
Xurde en resposta á petición das traballadoras sociais das comarcas de O Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas para tentar acercar a atención sociosanitaria ás persoas con enfermidade mental e as súas familias en ambas comarcas.
Avelaíña puxo a disposición da poboación da comarca de O Condado e Salceda de Caselas un equipo de intervención psicosocial formado por psicólogos, educadores sociais e traballadores sociais.
O longo destes anos tratouse de consolidar a presencia de Avelaíña na zona, tentando que sexa un referente en saúde mental nas comarcas.
Actuamos a través de 4 liñas de traballo:
1.- Unidade de Apoio Comunitario en Saúde Mental – Servizos de Proximidade:
- Servizo de Información e Asesoramento sobre Saúde Mental.
- Servizo de Apoio Psicolóxico a persoas con enfermidade mental e ós seus familiares ou coidadores.
- Servizo de Rehabilitación Psicosocial
2.- Equipa de atención domiciliaria:
Servizo de soporte psicosocial, promocionando a autonomía persoal de cara a unha convivencia normalizada integrada na comunidade:
- Estimulación cognitiva, psicoeducación e adherencia ao tratamento; actividades da vida cotiá; hábitos saudables; habilidades sociais, autocontrol e manexo do estrés.
- Servizo de apoio a familias e coidadores, con información e asesoramento, e apoio emocional.
3.- Coordinación cos servizos sociosanitarios e comunitarios e difusión:
- Coordinación cos diferentes dispositivos e actores sociosanitarios, educativos, xudiciais, etc.
- Aproximación da atención especializada nas comarcas de O Condado e A Paradanta e o concello de Salceda de Caselas.
4.- Difusión do programa e presenza na comunidade.
Centro de rehabilitación psicosocial e laboral
Centro para todas aquelas persoas con un problema de saúde mental persistente onde se traballa interdisciplinarmente hacia a súa rehabilitación, autonomía e calidade de vida.
Se trata dun servizo concertado polo SERGAS.
SERVIZOS:
– Servizo de atención psicosocial e psicoeducativa:
– Servizo de ocio e deportes (Servizo complementario)*
– Servizo de fomento e promoción da participación na comunidade
– Servizo de orientación prelaboral e actividades ocupacionais
– Servizo de apoio psicolóxico (Servizo complementario)*
– Servizo de visitas domiciliarias (Servizo complementario)*
-Para FAMILIARES E ACHEGADOS:
Servizo de orientación e apoioa familiares e/ou achegados:
– Información,
– Orientación e apoio na intervención
–Escola de Familias (servizo complementario)
*Os programas e servizos sinalados como complementarios están recollidos na carteira deservizos da asociación, pero non son obxecto do contrato. Ditos servizos realizaranse atendendo á dispoñibilidade de recursos da entidade.
Outros servizos
O programa de respiro familiar lévase a cabo mediante a organización de viaxes culturais, excursións e días de convivencia. É un xeito de aliviar e, en moitos casos, previr patoloxías asociadas ao coidado prolongado das persoas con enfermidade mental.
Dada a gran dispersión xeográfica que presenta a comarca de O Condado e Salceda de Caselas, precísase un programa de apoio que sirva de axuda ás persoas que presentan problemas de saúde mental, e tamén ós séus familiares e coidadores.
Para poder levar a cabo estas accións, un equipo de intevención acude os domicilios das persoas que, polas propias características da súa enfermidade, teñan unha limitación que lles impida acceder a outros recursos na propia comunidade.
Trátase de de instaurar hábitos na súa vida actual, que se perderan: facer unha compra de productos básicos no supermercado, prepararse uns menús equilibrados, manter a súa hixiene diaria, adquirir hábitos de vida saudable e utilizar adecuadamente os recursos comunitarios da súa contorna.
ACTIVIDADES:
Taller de actividades da vida diaria:
- Darlle a coñecer os medios, técnicas e estratexias que permiten maximizar a súa autonomía persoal e competencia social na súa comunidade:
- Obradoiros de hixiene, cuidado persoal, hábitos saudables, habilidades domésticas, prevención de riscos no fogar e manexo do diñeiro.
Taller de habilidades sociais:
- Emprego de habilidades de conversación, agradecer, decir non, facer peticións, asertividade, habilidades para desenvolverse no medio, etc.
Consellería de Economía, Emprego e Industria
- Programa de Cooperación para Apoio ós servizos en Saúde mental.
Deputación de Pontevedra
- Promoción da autonomía persoal en enfermidade mental grave.
Ministerio de sanidad, politica social e igualdad
- Programa Achega con cargo á convocatoria do IRPF.
Saúde Mental Feafes Galicia coa Consellería de Política Social
- Programa de Atención ao docimilio no rural.
- Información e asesoramento a familias e persoas con enfermidade mental.
Profesionais

Responsable técnico do Programa Achego/ Psicóloga

Educadora Social

Educadora Social

Traballadora Social