Avelaíña recibe unha subvención do Concello de Tomiño para o servizo de información e asesoraramento

En Aguarda, 1 agosto
A cuantía concedida polo Concello ascende a 1.700 euros que axudará a dar resposta á necesidade de información en saúde mental deste municipio.
Este Servizo trata de dar resposta ás demandas da poboación en relación á Saúde Mental, mellorando así a súa calidade de vida. Trátase dun servizo que ven realizando Avelaíña de forma permanente, pero o cal, debido a gran demanda de atención derivada pola situación de crise sanitaria do COVID-19, vese aumentado.
Os beneficiarios directos da atención serán calquera persoa con necesidades de información en saúde mental, persoas con problemas de saúde mental, familiares, persoas coidadoras e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo asi como calquer cidadán do Concello de Tomiño.