VAL MIÑOR

Centro de rehabilitación (Baiona)

SERVIZOS

Primeiros contactos co posible usuario e a súa familia, onde se lle explica o funcionamento do Centro e os seus servizos, como tamén dudas sobre a súa patoloxía.

Conxunto de actividades co obxectivo da recuperación e mantemento de habilidades para funcionar autónomamente na sociedade e para que os usuarios coñezan a súa enfermidade a través de explicacións claras e personalizadas.

Programa de psicoeducación:

Obradoiro de psicoeducación, relaxación e ducación para a saúde (obradoiro de cociña).

Programa de recuperación de capacidades e das habilidades sociais:

  • Taller de habilidades sociais e terapia de grupo.
  • Educación de adultos (rehabilitación cognitiva).
  • Taller de habilidades da vida diaria básica e instrumentais.
  • Inglés e Informática.

Programa de valoración, apoio e soporte individual:

Terapia individual para a avaliación do usuario e posterior elaboración do programa individual de rehabilitación, incluíndo os obxetivos, intervencións e actividades a alcanzar polo usuario, e todas as seguintes sesións psicoterapéuticas.

Fomentar a actividade física e de lecer, tanto nas actividades do centro, como promovelas no tempo persoal de cada usuario para un benestar físico-social óptimo.

Programa de actividades deportivas e pre deportivas: Piscina, Fútbol, ciclismo.

Programa de actividade física: Zumba, Pilates,Talaso, Andainas.

Programa de ocio con apoio: Viaxes do IMSERSO, Excursión, En Ruta coa Depto, etc…

Programa de acción sociocultural artística: Taller de expresión e musicoterapia.

Dar a coñecer ós usuarios, os dispositivos públicos e privados da súa contorna e a súa boa xestión e utilización.

  • Terapia de grupo/individual.
  • Taller de actualidade.

Promover a área sociolaboral, con accións formativas ou laborais, adestrando a procura activa das anteriores.

  • Programa de talleres de produtos elaborados e manipulados.
  • Programa de orientación prelaboral e seguemento FEAFES OEDEM.
  • Programa de formación prelaboral.
  • Cursos Inserta.

Dar soporte emocional ós familiares, para que entendan a enfermidade do seu familiar e que servan como canle para fixar os obxetivos traballados no Centro de Rehabilitación.

  • Información, orientación e apoio na intervención e terapia familiar.

Outros servizos

Proporcionar asesoramento, información e adestramento que facilite a inserción profesional.

SERVIZOS:

  • Orientación e asesoramento individualizado, captación e procura de emprego no mercado laboral, selección, estudo e valoración de candidatos, análise dos postos de traballo.

Visitas no domicilio de persoas que a consecuencia dunha enfermidade mental dificúltaselles manter unha vida normalizada na súa contorna e non poden ou non desexan asistir ó CRP.

SERVIZOS:

  • Atención psicolóxica individual e familiar, supervisión das tarefas do fogar e de coidados persoais, trámites administrativos.

Conxunto de intervencións dirixidas a dar resposta ás demandas da poboación en xeral en relación á Saúde Mental.

SERVIZOS:

  • Recepción de demandas, recollida de información, coordinación con outros recursos ou derivación a outros servizos.

Dar ás familias información clara e obxectiva sobre que son os trastornos mentais graves, tratamento, pronóstico e prevención de recaídas.

O programa foi dirixido ó incremento da comunicación e de buscar estratexias para a solución de problemas.

SERVIZOS: Grupos de apoio mutuo, charlas informativas sobre enfermidade mental.

Programa de Cooperación para Apoio ós servizos en Saúde mental.

Colabora: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Programa Acompaña e Programa Capacita con cargo á convocatoria do IRPF.

Colabora: Ministerio de sanidad, politica social e igualdad.

Información e asesoramento a familias e persoas con enfermidade mental.

Colabora: Saúde Mental Feafes Galicia coa Consellería de Política Social.

Programa “Físicamente activo, mentalmente saudable”.

Colabora: Concello de Gondomar

Información e asesoramento en saúde mental.

Colabora: Concello de Baiona

Profesionais

María Cebral Vaquero

Responsable técnica do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Baiona Psicóloga

Dania Garrido Diego

Educadora Social

Entidades colaboradoras

Empresas colaboradoras