“Voa con Nós” en Mondariz

En Mondariz , 12 de maio

Onte foi inaugurada na Praza de Abastos do Concello de Mondariz a nosa exposición de pintura “VOA CON NÓS

O acto de inauguración contou coa presenza do Alcalde de Mondariz, D. Xosé Emilio Barros, co Teniente de Alcalde D. Leopoldo Tato, e con usuari@s e traballador@s da nosa Entidade.

As obras que se expoñen xurdiron das actividades de expresión artística dos nosos usuarios. De feito, a mostra está estruturada en tres bloques que representan a evolución das persoas participantes e da propia actividade.

As persoas interesadas poderán visitala de balde de luns a domingo en horario de 09:00-14:00 h. na praza de Abastos do Concello de Mondariz