Avelaíña é una entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.
Sabías
que…
- O 0,1% da poboación desenvolverá algunha forma de esquizofrenia ao longo da súa vida.
- 450 millóns de persoas están afectadas por unnha enfermidade mental, neuroloxica au conductual que dificulta gravemente a súa vida.
- Entre o 70% e 80% das persoas con enfermidade mental están en situación laboral de desemprego.
Quenes somos
- Avelaíña está formada por socios que colaboran con esta entidade a través dunha cota anual ou donativos.
- Persoas con enfermidade mental.
- Familiares e achegados.
- Outros coidadores.
- Persoas sensibilizadas coa problemática da enfermidade mental e disposta a colaborar, para lograr a mellora da calidade de vida dos afectados.
A nosa misión
Potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental na provincia de Pontevedra, mediante a promoción da mellora da súa calidade de vida e dos seus familiares.

Obxectivos
- Promover aquelas intervencións na área de saúde mental non cubertas polas institucións existentes, buscando unha mellor relación entre a persoa con enfermidade mental e o seu medio.
- Informar, educar e concienciar sobre a enfermidade mental.
- Facilitar o apoio solidario entre as familias afectadas.
- Estimular aquelas iniciativas propias e as dirixidas a facilitar unha posible reinserción psicosocial dos afectados.
- Potenciar e promover a formación profesional das persoas con enfermidade mental.