CERÁMICA AVELAÍÑA

Dentro do noso taller de artesanía, as persoas usuarias do centro participan nas diversas fases da produción das pezas: deseño, creación, produción, montaxe e preparación para a súa venta.

Os beneficios que producen nas persoas que participan neste obradoiro son moitos e moi variados: dende traballar a psicomotricidade fina, a perseveranza, constancia, creatividade,… ata a responsabilidade, creando un clima de traballo agradable para todas e todos.

Se hai algo que nos defina é a capacidade para adaptarnos a cada pedido dos nosos e nosas clientas. Gustaríanos remarcar que son eles e elas as que se acercan a Avelaíña para coñecernos!

Creacións

Ao longo do ano, realizamos: trofeos e medallas para eventos deportivos, detalles culturais, agasallos para empresas, detalles para diferentes eventos de empresas, familiares, etc.