O condado

Centro de rehabilitación psicosocial

O dispositivo comunitario de atención diúrna especializado en saúde mental para persoas con trastorno mental grave e para a súas familias.


O obxectivo é recuperar e/ou adquirir habilidades para mellorar a súa autonomía e calidade de vida, logrando a súa integración na comunidade e o seu mantemento nun entorno social e familiar.

SERVIZOS

  1. Servizo de información e acollida
  2. Servizo de atención psicosocial e psicoeducativa: 
    • Programa de psicoeducación
    • Programa de recuperación de capacidades e de habilidades sociais
    • Programa de apoio e soporte individual
  3. Servizo de ocio e deportes
    • Programa de actividades deportivas e predeportivas
    • Programa de actividade física
    • Programa de ocio con apoio (Feafes Galicia)
    • Programa de acción sociocultural, artística e recreativa
  4. Servizo de fomento e promoción da participación na comunidade
  5. Servizo de orientación prelaboral e actividades ocupacionais
    • Programa de orientación prelaboral e seguimento
    • Programa de terapia ocupacional
    • Servizo de apoio psicolóxico
  6. Servizo de visitas domiciliarias
  7. Servizo de orientación e apoio a familiares e/ou achegados
  8. Actividades de sensibilización e difusión realizadas

Programa ACHEGO

Xurde no ano 2016 en resposta á petición das traballadoras sociais das comarcas de O Condado, A Paradanta e o concello de Salceda de Caselas para acercar a atención socio-sanitaria ás persoas con enfermidade mental e as súas familias.

Avelaíña puxo a disposición da poboación  un equipo de intervención psicosocial formado por psicólogos, educadores sociais e traballadores sociais.

O longo destes anos tratouse de consolidar a presencia de Avelaíña na zona, tentando que sexa un referente en saúde mental nas comarcas.

Servizos:

LIÑA 1. UNIDADE DE APOIO COMUNITARIO (UAC) EN SAÚDE MENTAL.

Servizo para a poboación, eminentemente rural con problemas de saúde mental e adaptándose aos seus perfís, necesidades e horarios a través de diversos servizos:

  1. Servizo de Información e asesoramento (SIAS) aberto á poboación xeral.
  2. Servizo de Apoio Integral para persoas con situación socioeconómica vulnerable e problemas de saúde mental asociados.
  3. Servizo de Prevención e Promoción da Saúde Mental: Charlas de sensibilización, talleres formativos, etc. dirixidas á prevención de enfermidades mentais e a promoción dun estilo de vida saudable.

LIÑA 2. SERVIZOS DE PROXIMIDADE

Aproxima a intervención psicosocial á contorna mais próxima da persoa.

Dirixido principalmente a persoas con situación socioeconómica vulnerable e problemas de saúde mental asociado, pero co engadido da imposibilidade ou gran dificultade de desprazamento pola dispersión xeográfica e dificultades de transporte, así coma polas propias características da enfermidade.

Actividades:

  1. Atención domiciliaria.
  2. Saídas terapéuticas.

LIÑA 3. COORDINACIÓN COS SERVIZOS SOCIOSANITARIOS E COMUNITARIOS

Coordinación con servizos sociais, sanitarios, educativos, políticos, asociacións, ámbito privado, etc. Pero tamén con outro tipo de recursos da área (asociacións culturais, deportivas, medioambientais…) que nalgún momento poidan resultar de utilidade para as persoas.

LIÑA 4. DIFUSIÓN

Información a poboación das nosas actuacións mediante accións de difusión

Outros servizos

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PARA PREVIR A EXCLUSIÓN SOCIAL

Conxunto de intervencións (de forma presencial ou telefónica) dirixidas a dar respostas ás demandas da poboación en relación á saúde mental.

Información sobre os diferentes recursos e/ou procedementos vinculados á saúde mental.
Asesoramento e contacto co persoal idóneo que poida atender a cada problemática particular.

Centro para todas aquelas persoas con un problema de saúde mental persistente onde se traballa interdisciplinarmente hacia a súa rehabilitación, autonomía e calidade de vida.

OBXECTIVO:

Acódese ós propios domicilios das persoas con problemas de saúde mental.

Infórmase e dótase de recursos para un mellor manexo das dificultades e situacións que poden acompañar ao padecemento dun problema de saúde mental.

Soporte emocional e apoio para as persoas usuarias e as súas familias, influíndo na mellora do funcionamento familiar.

SERVIZO EXTERNO DE ATENCIÓN E ASESORAMENTO PSICOLÓXICO PARA ADULTOS E MENORES DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

Xorde da demanda do Concello de Salceda de Caselas.

O obxectivo foi instaurar un servizo municipal que aumentase o benestar psicolóxico da veciñanza, proporcionando para elo apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar .

Derivación dende os Servizos Sociais Comunitarios e coordinación cos demais servizos municipais e psicosociais da contorna.

Outros servizos mediante convenios e subvencións

Programa Achego
Colabora: Consellería de Sanidade. SERGAS. Xunta de Galicia

Programa Apoio e Soporte Integral Familiares

Programa Ocio e Benestar

Programa Achega Saúde Mental

Programa Previr Saúde Mental

Programa Volunta
Colabora: Saúde Mental FEAFES Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude. Programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IPRF

ACTIVAMENTE: Proxecto de promoción do benestar en persoas con enfermidade mental grave a través da autonomía persoal e o deporte
Colabora: Deputación de Pontevedra

Programa de apoio socio-educativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental en Galicia.
Colabora: Saúde Mental FEAFES Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude

Servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental para previr a exclusión social das persoas con problemas de saúde mental
Colaboran: Concello de Ponteareas. Concello de Mondariz. Concello de Mondariz Balneario. Concello de Salvaterra de Miño.

Proxecto: xestión emocional para a mocidade
Colabora: Concello de As Neves

Servizo Externo de Atención e asesoramento psicolóxico para adultos e menores do Concello de Salceda de Caselas
Colabora: Concello de Salceda de Caselas

Proxecto Somos Voluntariado
Colabora: Consellería de Política Social e Xuventude

Proxecto Voz Natura
Colabora: Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

 

Faite voluntario

Únete ao noso equipo de voluntarios e se parte da solución. Ofrecemos diferentes oportunidades para que poidas contribuír, segundo os teus intereses e habilidades.

Scroll al inicio