A paranda

Información e asesoramento para previr a exclusión social

Conxunto de intervencións (de forma presencial ou telefónica) dirixidas a dar respostas ás demandas da poboación en relación á saúde mental, proporcionando información sobre os diferentes recursos e/ou procedementos vinculados á saúde mental, e asesorando ou poñendo en contacto co persoal idóneo que poida atender a cada problemática particular, co obxectivo de previr a exclusión social das persoas con problemas de saúde mental.

SERVIZOS

  • Recepción de demandas e recollida de información
  • Información e asesoramento en función da demanda (dúas entrevistas en total por persoa)
  • Coordinación con outros recursos
  • Derivación a outros recursos ou servizos

Programa ACHEGO desplazado

Sede desprazada en A Cañiza cunha atención quincenal para as persoas da comarca con dificultades para desprazarse a Ponteareas.

Equipo formado por unha psicóloga, unha traballadora social e unha educadora
social.

Servizos:

LIÑA 1. UNIDADE DE APOIO COMUNITARIO (UAC) EN SAÚDE MENTAL
DESPRAZADA

Configúrase coma un servizo de referencia para a poboación, eminentemente rural, achegándose ás persoas con problemas de saúde mental e adaptándose aos seus perfís, necesidades e horarios a través de diversos servizos:

  1. Servizo de Información e asesoramento (SIAS): Aberto á poboación xeral
    para dar resposta ás demandas en relación a saúde mental.
  2. Servizo de Apoio Integral:Servizo de atención integral levado a cabo por un equipo multidisciplinar para persoas con situación socioeconómicam vulnerable e problemas de saúde mental asociados.

LIÑA 2. SERVIZOS DE PROXIMIDADE

Este servizo aproxima a intervención psicosocial á contorna mais próxima da persoa.

Está composto por unha psicóloga, unha traballadora social e unha educadora social.

A poboación diana continuarían sendo as persoas con situación socioeconómica vulnerable e problemas de saúde mental asociado. Pero co engadido da imposibilidade ou gran dificultade de desprazamento pola dispersión xeográfica e dificultades de transporte, así coma polas propias características da enfermidade.

As actividades que se levan a cabo dentro desta liña son:

  1. Atención domiciliaria. No propio domicilio se coñece a realidade da persoa e se actúa no seu propio contexto para que teñan un impacto maior.
  2. Saídas terapéuticas. Desprazarse ata a contorna da persoa e se realizan as intervencións necesarias, dende unha andaina como espazo onde expresar emocións e pensamentos, ata un acompañamento á biblioteca a inscribirse para coller un libro.

LIÑA 3. COORDINACIÓN COS SERVIZOS SOCIOSANITARIOS E
COMUNITARIOS

Coordinación con servizos sociais, sanitarios, educativos, políticos, asociacións, ámbito privado, etc. Pero tamén con outro tipo de recursos da área (asociacións culturais, deportivas, medioambientais…) que nalgún momento poidan resultar de utilidade para as persoas.

LIÑA 4. DIFUSIÓN

Información a poboación das nosas actuacións mediante accións de difusión

00siaconcellos
IMG-20200519-WA0003 (1)

Outros proxectos mediante convenios e subvencións

“Proxecto Achego 3.0+” Atención en saúde mental no medio rural.”
 
Colabora: Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia
 
Programa Achega Saúde Mental
Programa de apoio socio-educativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental en Galicia.
 
Colabora: Saúde Mental FEAFES Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude
 
Servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental para previr a exclusión social das persoas con problemas de saúde mental
 
Colaboran:
Concello de A Cañiza
Concello de Arbo

Faite voluntario

Únete ao noso equipo de voluntarios e se parte da solución. Ofrecemos diferentes oportunidades para que poidas contribuír, segundo os teus intereses e habilidades.

Scroll al inicio