Coñécenos
A nosa mision
Avelaíña é una entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.
A mellora da CALIDADE DE VIDA das persoas con
problemas de saúde mental e as súas familias e/ou achegados, a DEFENSA dos seus DEREITOS UNIVER-SAIS e a representación das persoas socias, a través dun modelo de atención de base COMUNITARIA e de loita CONTRA O ESTIGMA.
Quenes somos
- Persoas afectadas
- Familiares
- Coidadores
- Persoas sensibilizadas
- Entidades privadas
Profesionais
Director Xerente
Psicólogas
Traballadoras sociais
Educadoras/es sociais
Integradora/es sociais
Técnica de Comunicación
Administrativas
Obxectivos
- Promover aquelas intervencións na área de saúde mental non cubertas polas institucións existentes, buscando unha mellor relación entre a persoa con enfermidade mental e o seu medio.
- Informar, educar e concienciar sobre a enfermidade mental.
- Facilitar o apoio solidario entre as familias afectadas.
- Estimular aquelas iniciativas propias e as dirixidas a facilitar unha posible reinserción psicosocial dos afectados.
- Potenciar e promover a formación profesional das persoas con enfermidade mental.
Faite voluntario
Únete ao noso equipo de voluntarios e se parte da solución. Ofrecemos diferentes oportunidades para que poidas contribuír, segundo os teus intereses e habilidades.