Que é o voluntariado?
Dacordo co recollido na Lei de voluntariado de Galicia (lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria, a acción voluntaria é a manifestación explícita da conciencia solidaria da cidadanía.
A solidariedade, polo tanto, constitúe o principio fundamental do voluntariado, cuxo fin último adoita ser xenericamente definido como unha contribución —sen lucro ou beneficio— prestada por individuos para o beneficio da comunidade ou da sociedade en xeral.
O VOLUNTARIADO para a ASOCIACIÓN AVELAÍÑA é o compromiso libre e de carácter altruísta que, partindo dunha acción organizada e coordinada sempre en concordancia cós valores, a misión e os obxectivos da propia asociación, promove procesos de cambio ao beneficio da comunidade, segundo un proxecto que non se esgota na intervención en si mesma, senón que tende a erradicar ou modificar as causas que o provocan.
Perfil das persoas voluntarias en Avelaíña
Xeralmente, poderá ser persoa voluntaria en Avelaíña quen:
- Teña idade igual ou superior a 18 anos.
- Posúa dispoñibilidade para o aprendizaxe e realización das tarefas da acción voluntaria dentro dun proxecto específico.
- Conte coa estabilidade emocional, responsabilidade e compromiso adecuados para o desenvolvemento da acción voluntaria.
- Asuma un compromiso de regularidade na prestación da colaboración.
- Consiga armonizar a práctica do voluntariado cos valores, obxectivos e misión da asociación.
Onde podo realizar o voluntariado?
Sede de Avelaíña
Baixo Miño
Sede de Avelaíña
Val Miñor
Sede de Avelaíña Condado – Paradanta e Salceda
-
Rúa Carballos,9 baixo
36860 Ponteareas - Centro Social, Rúa Oriente, 8-2
- lorena@avelaina.org.es
- 886 31 16 63
Que pasos dar?
O primeiro paso é facernos chegar o teu interese en realizar actividades de voluntariado. Para iso podes cubrir e enviarnos o formulario de inscrición que podes atopar aquí.
Unha vez nos chegue o formulario, contactarémoste para plantexar un primeiro contacto coa responsable de voluntariado da sede que corresponda. Será un momento para o encontro, proporcionando información sobre a asociación, describiranse os postos de acción voluntaria dispoñibles e recollerase información a maiores sobre o perfil, dando un espazo para a formulación de dúbidas.
Se ambas partes están conformes firmaríase o correspondente acordo de colaboración e comezarías a formar parte do equipo de voluntariado de Avelaíña. En todo momento contarase con unha persoa que asegurará a acollida e integración no equipo e supervisará todo o ciclo do voluntariado.
E despois?
Avelaíña é unha entidade rexistrada no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (art.32 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria).
Unha vez finalizada a acción voluntaria, poderás solicitarnos o depósito da túa experiencia no rexistro da Xunta de Galicia de cara a poder obter un certificado acreditativo.
Ligazóns de interese
- Voluntariado Galego.
- Lei 10/2011, de 28 de novembro, de Acción Voluntaria.
- DECRETO 97/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o Observatorio Galego de Acción Voluntaria, a planificación e a formación.
- ORDE do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o rexistro de acción voluntaria de Galicia.
- LeI 45/2015, de 14 de octubre, de Voluntariado (Estatal).