Etimoloxía do noso nome
O nome "avelaíña"
A nosa Asociación, a través do seu equipo de profesionais, intenta guiar as persoas afectadas pola enfermidade mental na busca de certa claridade para acadar unha maior calidade de vida. De aí o nome de Avelaíña.O seu acerto debemos agradecelo ao poeta e ensaísta Xosé Neira Vilas, quen o suxeriu durante unha visita vacacional a A Garda, en compañía da súa esposa Anisia Miranda (1932-2009).
A icona de Avelaíña, unha bolboreta en cuxas ás dúas figuras humanas se toman da man para iniciar un novo camiño, ten tamén a súa historia, xa que foi deseñada e doada á Asociación pola pintora galega, Alicia Alonso.
Posteriormente realizouse un rediseño do logotipo, simplificando o diseño a unha avelaíña.
Faite voluntario
Únete ao noso equipo de voluntarios e se parte da solución. Ofrecemos diferentes oportunidades para que poidas contribuír, segundo os teus intereses e habilidades.