Se es unha empresa e queres colaborar con nós, podes colaborar aportando productos para a realización de actividades, financiando un proxecto ou contratando ós nosos usuarios.
Aportar servizos ou productos
Podes colaborar aportando produtos ou material para a realización de actividades por parte da nosa Asociación.
Financiar proxectos
Podes financiar un proxecto social de promoción da saúde mental relacionado co ámbito de actuación e/ou o espírito da túa empresa.
Realizar políticas activas de emprego
Podes ofrecer prácticas na túa empresa ou contratar ós nosos usuarios a través do servizo de inserción laboral.