O alcalde de Nigrán visita a sede da Asociación Avelaíña e reforza o seu compromiso coa saúde mental

Hoxe tivemos a honra de recibir na nosa sede a Juan González, alcalde de Nigrán. Durante a visita, estivo acompañado polo responsable do noso centro de A Guarda e realizou un percorrido polas instalacións para coñecer de primeira man o traballo que desenvolvemos.

O alcalde tivo ocasión de conversar cos usuarios e compartir un momento con eles, amosando a súa proximidade e interese polo noso labor. Posteriormente, reuniuse co xerente da Asociación Avelaíña e coa presidenta da entidade para abordar futuras colaboracións e analizar o convenio do Programa Acompaña, que contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

Desde Avelaíña queremos destacar o compromiso do alcalde coa saúde mental e agradecer a súa colaboración, que supón un impulso para seguir traballando en favor da inclusión e do benestar das persoas con problemas de saúde mental.

Scroll al inicio