“Fisicamente activo, mentalmente saudable”: un impulso ao benestar e á inclusión das persoas con problemas de saúde mental en Tui
O Concello de Tui concedeu á Asociación Avelaíña Saúde Mental unha subvención de 7.000 euros para o desenvolvemento do proxecto “Fisicamente activo, mentalmente saudable”, dirixido ás persoas usuarias da entidade no municipio. Esta achega supón un importante incremento respecto ás colaboracións de anos anteriores e permitirá reforzar as actividades de promoción da saúde, o benestar […]










