A Asociación Avelaíña ven de recibir unha subvención de 17.890 euros por parte do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para levar a cabo o Programa Primeira Liña, unha iniciativa centrada na formación, sensibilización e prevención do suicidio.
Este programa está dirixido a profesionais sociosanitarios e ás forzas e corpos de seguridade do Estado, co obxectivo de proporcionarlles ferramentas prácticas para unha mellor abordaxe desta problemática, especialmente relevante no contexto actual.
A intervención terá lugar nas comarcas do Baixo Miñor, Val Miñor, O Condado, A Paradanta e no Concello de Salceda de Caselas, abarcando así unha ampla zona do sur da provincia de Pontevedra.
Con esta iniciativa, a Asociación Avelaíña reafirma o seu compromiso coa saúde mental, apostando por accións formativas que contribúan á detección precoz, á intervención eficaz en casos de condutas suicidas, fortalecendo a rede de apoio profesional e comunitaria.



