Avelaíña e Caixabank impulsaron unha xornada de traballo para dar forma o adorno da costa de San Gregorio que se inaugura mañá 31 de maio na Praza Maior en Ponteareas.
Esta actividade solidaria enmárcase no Mes Social de CaixaBank. Iniciativa que pretende un acercamento a práctica do voluntariado entre os empregados da entidade bancaria.
A xornada deu comezo co recibimento por parte do Xerente e do equipo técnico de Avelaíña aos empregados de CaixaBank, onde puideron coñecer en persoa as instalacións e os diferentes servizos que a Asociación ofrece no territorio.
Posteriormente, compartiron cos usuarios unha xornada de traballo conxunta onde quedou de manifesto a implicación destas persoas, ca súa cercanía, cariño e bo facer e calidade humana.
Esta colaboración mútua entre ambas entidades parte dunha mesma línea de traballo, centrada en xerar un impacto positivo na vida das persoas en situación de vulneravilidade.
