Convocatoria asemblea xeral ordinaria

Avelaíña celebra a Asamblea Xeral  Ordinariae

Este xoves, tivo lugar na Sede de Avelaíña en A Guarda  a  Asemblea Xeral Ordinaria, un evento no que se deron cita os socios, usuarios, familiares e traballadores de Avelaíña.

Esta nova cita asemblearia tivo como obxectivo a posta en coñecemento de determinados documentos que, pola súa importancia, deben ser coñecidos e ratificados por quen forma o Órgano de Goberno. Nesta ocasión a Asemblea aprobou o balance de perdas e ganancias, a conta de resultados de 2023,  a memoria de actividades, así como, o orzamento para 2024.

A entidade cumpre así co seu compromiso de transparencia e bo goberno xa que para Avelaíña, a  Asemblea Xeral é unha ferramenta que permite exercitar a transparencia da entidade, dando voz e voto aos socios da mesma e dotarlles dun poder decisorio nos principais temas.

Nesta xornada, tamén se deron a coñecer os novos proxectos que se levarán a cabo este ano, quedando de manifesto o  crecemento e bo momento que está a vivir a entidade, apostando por ofrecer novos Servizos as personas que sofren un problema de saúde mental e as súas familias.

Scroll al inicio