Unha das liñas de traballo do Programa Achego é previr e promover a saúde mental na contorna no que traballamos. Para iso, realizamos diferentes obradoiros co obxectivo de sensibilizar á poboación de que a saúde mental non é algo alleo e que é responsabilidade persoal e colectiva coidala e atendela, polo que anualmente realizamos diferentes obradoiros.
Este ano comezamos co Obradoiro de Xestión Emocional na Adolescencia, un obradoiro destinado ao alumnado de 1º ESO do IES Val do Tea (Ponteareas) onde traballaremos sobre o coñecemento das emocións e a súa utilidade e necesidade na vida, así como a importancia de ter ferramentas para a auto xestión emocional e información sobre como e onde pedir axudas na contorna.