Avelaíña cumpre 25 anos

En Aguarda, 17 novembro

Para conmemorar este aniversario celebrou “ARTEnamente” un  evento para dar visibilidade a saúde mental e sensibilizar á poboación moza da contorna.

Avelaíña cumpre o seu 25 aniversario ao servizo da saúde mental, celebrando  esta data cun emotivo acto na Área Panorámica de Tui para informar, concienciar e romper estigmas sobre a saúde mental, dirixido aos mozos dos institutos da contorna.

Este evento contou coa actuación do monologuista Pepo Suevos, e a obra de teatro  Thib, que trata a enfermidade mental e foi creada expresamente para este día pola compañía de Teatro Arte Pingue, para romper estereotipos  sobre a saúde mental, así como  potenciar a empatía e a tolerancia coas persoas que sofren unha enfermidade mental.

Tamén se proxectaron catro curtas, onde os protagonistas foron os usuarios.

Finalmente, as psicólogas de Avelaíña responderon as  dúbidas dos mozos asistentes, que previamente depositaron nunha urna habilitada para a ocasión.

Dende Avelaíña, aseguran que a Asociación se consolidou como a Entidade de referencia en saúde mental na  zona sur de Pontevedra  e seguirá traballando e reivindicando a mellora da calidade de vida do colectivo.

Este acto supón o  pistoletazo de salida a unha serie de eventos que a Asociación ten previsto realizar  para a  celebración desta efeméride.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio