Convocatoria de asemblea xeral ordinaria e extraordinaria

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA

Convócase ás persoas socias á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o martes 9 de xuño, ás 11:30 horas, na sede social de Avelaíña en A Guarda.

Por motivos de organización e seguridade, será preciso confirmar asistencia no teléfono 986 61 00 21 (de 9:00 a 13:00 horas) ou no correo electrónico asociacion@avelaina.org, ata o día 5 de xuño ás 12:00 horas.

ORDE DO DÍA (ASEMBLEA XERAL ORDINARIA)

  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Aprobación da orde do día
  3. Aprobación das contas 2025
  4. Memoria de actividades 2025
  5. Orzamento 2026
  6. Plan de actividades 2026
  7. Rogos e preguntas

Rematada a Asemblea Xeral Ordinaria, celebrarase a continuación a Asemblea Xeral Extraordinaria, ás 12:30 horas, no mesmo lugar. Todas as persoas que teñan interese en presentar a súa candidatura para a elección dos cargos da Xunta Directiva, deberán cubrir un formulario, que poderá recollerse nas oficinas dos Centros de A Guarda, Baiona e Ponteareas en horario de 9:00 a 14:00 horas ou por correo electrónico  (asociacion@avelaina.org ) ata o 5 de xuño antes das 12:00 horas.

ORDE DO DÍA (ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA)

  1. Elección dos cargos da Xunta Directiva
  2. Nomeamento de apoderados/as
  3. Modificación dos estatutos (artigo 22º)

*Como socio/a da Asociación Avelaíña con dereito a voz e voto, ante a imposibilidade de asistir de maneira persoal a Asamblea Xeral Extraordinaria convocada o 09 de xuño do 2026, pode delegar o seu voto cubrindo o documento que se pode recoller nas oficinas de Avelaíña.

Scroll al inicio