Un grupo de usuarios de Avelaiña, desfrutaron das instalacións termais de Cuntis dentro do programa de Ocio de Feafes Galicia.
Este programa organiza actividades para o desfrute do tempo libre que melloran a calidade de vida das persoas con enfermidade mental, promovendo a súa plena integración social.
Á súa vez, facilita un respiro aos familiares e coidadores, que durante estas estancias gozan de máis tempo libre mellorando así tamén o ambiente familiar.