Convocatoria polo Día Mundial da Prevención do Suicidio

O Concello de Baiona e a Asociación Avelaíña Saúde Mental convidan a toda a cidadanía a participar nun acto simbólico con motivo do Día Mundial da Prevención do Suicidio, que se celebra o 10 de setembro .

📍 Lugar: Praza do Concello de Baiona
🕛 Hora: 12:00 h
🤝 Actividade: Formación dunha cadea humana como símbolo de unión, apoio e compromiso coa saúde mental e a prevención do suicidio.

Este acto busca visibilizar a importancia da saúde mental, romper o estigma e fomentar a implicación social na prevención do suicidio. A túa presenza é fundamental.

Únete e forma parte da cadea que salva vidas.

Scroll al inicio