Avelaíña conmemora o Día Mundial da Saúde Mental

O vindeiro venres 10 de outubro, con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, a Asociación Avelaíña Val Miñor organiza unha charla informativa baixo o título:

“Drogas dixitais: ¿conectados ou atrapados?”

A charla terá lugar ás 11:00 h no Multiusos de Sabarís, e será impartida por Olegaria Mosqueda, psicóloga educativa e orientadora.

Este ano, Avelaíña Val Miñor pon o foco nas redes sociais e o uso das tecnoloxías, co obxectivo de reflexionar sobre os seus efectos na saúde mental, especialmente entre a mocidade. A charla abordará a importancia de previr a adicción dixital, establecendo límites de tempo no uso das tecnoloxías, tanto no lecer como nas relacións sociais.

Mosqueda defenderá a necesidade de recuperar as relacións persoais, a comunicación directa e o contacto visual, auditivo e físico, como elementos fundamentais para manter unha vida real, auténtica e menos artificial.

Esta iniciativa enmárcase na campaña internacional promovida pola Organización Mundial da Saúde (OMS), que cada 10 de outubro busca sensibilizar sobre a importancia da saúde mental e promover accións que melloren o benestar emocional da cidadanía.

Scroll al inicio