Avelaíña e o Concello da Guarda únense para ofrecer un servizo gratuíto de información e asesoramento en saúde mental

O alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, e a presidenta da Asociación Avelaíña, Neves Piñeiro, formalizaron hoxe a sinatura dun convenio de colaboración que permitirá reforzar a atención en saúde mental no municipio.

Grazas a este acordo, Avelaíña recibirá unha subvención de 3.000 euros do Concello da Guarda para o servizo gratuíto de información e asesoramento, dirixido a todas as veciñas e veciños que precisen orientación neste ámbito.

Este servizo nace para dar resposta ás crecientes demandas da poboación en materia de saúde mental, contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas e a promover o benestar emocional na comunidade.

Os beneficiarios directos desta iniciativa son persoas con problemas de saúde mental ou que precisan información, así como familiares, persoas coidadoras e profesionais dos ámbitos sanitario, social e educativo.

Scroll al inicio