Avelaíña ofrece un Servizo gratuíto de información e asesoramento en saúde mental coa colaboración do Concello de Baiona

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña e a presidenta de Avelaíña, Neves Piñeiro, firmaron un convenio de colaboración polo que a Asociación recibirá unha subvención de 3.000€ do Concello de Baiona para dar información e asesoramento as veciñas e veciños do municipio.

Coa firma do convenio ponse en marcha o servizo que trata de dar resposta ás demandas da poboación en relación á saúde mental, mellorando así a súa calidade de vida.

Os beneficiarios directos desta atención son persoas con necesidades de información ou con problemas de saúde mental, familiares, persoas coidadoras e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo.

Poderán acceder ao servizo por iniciativa propia ou por derivación doutros recursos sociocomunitarios: Servizos Sociais do Concello, Centro de Saúde, etc. E accederán ao servizo despois de ser contactadas pola psicóloga de  Avelaíña, que establecerá unha primeira cita.

Scroll al inicio