Avelaíña recibe unha subvención do Concello de Tomiño para reforzar o asesoramento en saúde mental

A Asociación Avelaíña vén de recibir unha subvención de 1.700 euros por parte do Concello de Tomiño, destinada a fortalecer o seu servizo de información e asesoramento en saúde mental dirixido á veciñanza do municipio.

Este apoio económico permitirá dar resposta ás crecientes necesidades da poboación en materia de saúde mental, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida a través dun servizo accesible e especializado.

O servizo está aberto a todas as persoas con inquietudes ou necesidades relacionadas coa saúde mental, incluíndo persoas afectadas, familiares, coidadores, profesionais dos ámbitos sanitario, social e educativo, así como calquera cidadán ou cidadá do Concello de Tomiño.

Durante o que vai de ano, beneficiáronse directamente deste servizo 27 persoas do Concello de Tui, e de forma indirecta, outras 81, evidenciando o impacto positivo da iniciativa na comunidade.

Scroll al inicio