Emerxencias sanitarias, bombeiros do Val Miñor e Policía Local de Gondomar fórmanse en saúde mental da man de Avelaíña

O Centro Neural de Gondomar acolleu unha xornada formativa dirixida a técnicos de emerxencias sanitarias, bombeiros do Val Miñor e membros da Policía Local, centrada na intervención en situacións de crise relacionadas coa saúde mental.

A sesión, de catro horas de duración, enmárcase no Programa “Primeira Liña”, unha iniciativa subvencionada polo SERGAS que ten como obxectivo mellorar a capacitación dos profesionais sociosanitarios e dos corpos de seguridade na detección precoz, intervención e derivación ante condutas suicidas.

Durante a formación, a psicóloga Lorena Francisco abordou cuestións fundamentais como: A sensibilización e empatía cara ás persoas con trastornos mentais, a análise de perfís e comportamentos asociados á ideación ou condutas suicidas, así como pautas de actuación ante emerxencias, con especial atención á comunicación e ao acompañamento adecuado.

Avelaíña  reforza así o seu compromiso coa prevención do suicidio e a promoción da saúde mental, achegando recursos prácticos e baseados na evidencia aos profesionais que actúan en primeira liña.

Scroll al inicio